O rumor do distante

2001
o_rumor_do_distante.jpg

Premio Esquío 2000

Poemario ao que Cesáreo Sánchez Iglesias dedica dez anos, sobre el constata Xulio Valcárcel: “...podemos dicir que o Camiño (ou camiños) de Santiago, a significación dos topónimos como verdadeiro ADN do idioma, a paisaxe nas súas múltiples formas, a reflexión sobre a propia condición humana, está nestes versos... Construír un reduto verdadeiro, buscar o esencial a salvo do aparente, é o propósito dun libro que pode ter unha lectura individual, pero tamén unha interpretación colectiva, na medida en que esa voz orixinaria se converte en palabra de todo. Certamente a simboloxía ten unha impronta moi marcada ao longo do poemario, particularmente a numérica, algo de cabalístico hai neses sete camiños e nesas sete portas que a antiga cidade de Compostela tiña, como tamén esas 40 xornadas que o poeta-peregrino emprega para achegarse, nun esforzo abnegado e solitario ao “rumor do distante” que o chama, que percibe desde a ensoñación poética.Unha escrita, a de Cesáreo, polifónica, de uga e de silencio, de ciclos programados e pacientemente desenvolvidos, de levidades e transparencias, de matices e suxerencias que converten a súa proposta nunha obra singular dentro da poesía galega e universal.”