O Salto do Can

2009
osaltodoan.jpg.png

Decote pasan centos de historias polos mármores das tabernas, como pasan as constelacións sobre a cuberta dos barcos, dalgunhas quedan as pegadas, como as que deixa o acedo do viño, outras desaparecen nada máis pasarlle un pano. Na taberna o´salto do can, Ponciano limpa as mesas cada mañá, logo bota unha presa de serraduras polo chan, e despois busca no xornal os números da sorte. Bibián, o perruqueiro soña con Fred Astaire, o cego zacarías adiviña as cores, D. Ruperto, de biscuit antigüidades, gaba as “delicatessen” do “metre cusinierö, mentres a pantasma da señora de Fontá leva viño branco para guisar as pombas do xardín; Dorita quer se facer puta, o home do traxe gris fala con Poe. peitoradas, o marqués de Ghataesfolada, Caruso e Fleta, a serea dos ollos grandes, e ata un incerto Robert Taylor entraron un día pola porta e quedaron para sempre; agora forman parte xa da moblaxe, como o reloxo de parede, o paraugueiro, a pirámide das cuncas, ou a loura do almanaque de bodegas prioriño .

Autoría