O soño sulagado (1954) é o segundo libro de poemas publicado en galego por Celso Emilio Ferreiro. Sen embargo, a través das súas páxinas podemos atopar claves do que vai constituír, en entregas posteriores, unha parte fundamental do mellor mundo poético do autor de Celanova. A chamada da infancia, do lar materno; a procura do paraíso perdido (simbolizado nas árbores, na terra, no azul dos horizontes) conxúgase cos degaros de liberdade, coa ansia por transformar un presente esquivo e hostil.
A silandeira sombra sin consolo
de aquil que fun, decote vai conmigo.
Lexano amor, hedra que medra e medra
dentro de min robíndome a modiño.
Aquil que fun non son, por iso estamos
xuntos os dous. Aquil que entonces era
como un río fuxiu, pero quedouse
coma o río que pasa e sempre queda.
Fecunda sementeira do pasado
espello meu, única vida viva,
tódalas cousas morren i esmorecen
somente tí, lembranza, te eternizas.
Espello meu, no que me estou ollando
ise que agora son xa non esiste
O tempo faise estatua na saudade
i eu morro de saudades cada intre.
Eu en ti - A Quenlla - Máis alá da néboa
Eu en ti - Cristina Pato + Mutenrhoi - Misturados
Eu en ti - A Quenlla - Máis alá da néboa
Eu en ti - Cristina Pato + Mutenrhoi - Misturados