O tempo transfigurado

2017
t_1506929181040TempoTransfigurado1.jpg

Con este libro o autor emprende -e convídanos a facela con el- unha viaxe arredor da música, unha arte fráxil mais tamén poderosísima. Unha arte, asemade, indócil á representación. Velaí, por tanto, a obriga de convocar alusións: os instrumentos (sen esquecer o primeiro deles, a voz humana), as obras  que teceron e tecen a banda sonora da humanidade  (ese ronsel de loairas), mesmo as biografías dos grandes compositores (un elenco ao servizo do milagre).
 
Todo iso, canda a pegada das persoas ás que o autor amou,  e que quizais o amaron, fai deste un volume de sentimentos e sensacións que xa foron. É dicir, un volume de aceptación  de orfandades, cando o amor debe existir mesmo xa sen amantes. Cando o camiño interior se converte nunha aprendizaxe  da soidade. Cando alguén desprega nos poemas  todos os dispositivos dunha intelixencia introspectiva...  É aí onde xorde o canto das sereas.