Orballo de medianoite, libro publicado en 1929, é a única obra poética de Roberto Blanco Torres A obra recolle recursos propios da poesía vangardista xunto co emprego de imaxes insospeitadas, terminoloxía futurista e referencias urbanas. A primeira parte do libro céntrase na poesía conceptual e filosófica mentres que é a poesía civil a que se apropia da segunda parte de Orballo de media noite.