Os aposentos silenciados

1987
19.jpg

Accésit Premio Esquío de Poesía 1986

Arcadio López-Casanova na introdución á edición na Col. Esquío de Poesía da Sociedade de Cultura Valle-Inclán ofrécenos estas palabras: “ [...]Para nós a importancia radica nos puntos seguintes: 1. Orixinal mundo poético [...] 2. Libro de medida composición que racha cos esquemas das armazóns lóxicas [...] 3. Gosto polo poema breve [...] 4. Medidos axustes dos elementos léxicos do poema, da súa  tonalidade de sentimento, etc.[...] 5. Grande acerto na variedade da función imaxinativa [...] 6. Sabio uso dos efectos rítmicos mercede á utilización dun verso semilibre [...] 7. Esmerado traballo de arte da palabra [...]
E sobre este poemario o Dicionario da Literatura Galega indica: “O tema arredor do que xira todo o poemario é o desamor. O desencontro amoroso plasmarase nuns intensos poemas, de grande complexidade e difícil interpretación, nos que se evoca a ausencia da amada. O poeta racha cos esquemas lóxicos e busca a intensidade dos sentimentos, axudado dunha notable intuición creadora, así como da imaxinación e da expresividade da súa linguaxe poética.”