Premio Esquío 1999
Apunta Pilar Pallarés que este primeiro libro de Estíbaliz Espinosa “é poesía para entrar no Reino das Certezas e posuír as materias -pan, ovo, lume-, e reclamar un pan máis necesarío aínda, a fantasía”.
Helena González Fernández pola súa parte indícanos que “A parir dos saberes agochados dos magos (o libro de ler e desler emprégase nos esconxuros) e mais da alquimia do pan (Estíbaliz Espinosa) sitúase como continuadora dunha estirpe sabia que coñece a ‘épica do fermento’. Xa que logo anuncia unha redención do eu feminino a través da toma de conciencia da corporeidade e do desexo...”