Mira, escoita: eu non son así, pero ti aínda non o sabes.
Mollas a codia no meu líquido, roto de leite e farangullas.
Eu estralo os ollos contra o gume, como ovos,
e sei sangrar un produto inusual
que non é canción nin ten nome.
Entre ti e eu un sendeiro de tacholas,
bombas e migallas.
Pídeme
que me perda.