“Paaaaaaasen e miren, damas e cabaleiros!” Quen non oíu esta frase algunha vez? Precisamente a iso invitámosvos, a pasar e mirar, e coñecer a Bonitos, dous monos xemelgos, a Prudencio , o home bala, a Camilo , o mago… e así a todos os personaxes e as súas aventuras, que dan vida a este singular Circo. Dani Padron e Maria Canosa lograron plasmar neste conto a inocencia e dozura da nenez, a través duns entrañables e únicos personaxes. Pero o mellor é que pasedes, vexades e vos deixedes envolver neste rocambolesco show. Rápido, rápido!, tomade asento que comeza o espectáculo…