Peregrinaxes. Viaxando con Manuel María é un libro-DVD en que Lois Diéguez recolle viaxes de Manuel María desde o máis próximo ao máis afastado, de Mondoñedo a Venecia; de Bande a Grecia, onde agardaba Lord Byron; da Frouxeira a Roma; de Monforte a Portugal.
O DVD que acompaña o libro é unha versión, actualizada e reducida a menos de trinta minutos, de outro de 2005, e foi montado por Xoán Carlos Garrido e guión e dirección de Lois Diéguez. Os poemas, na voz de Isidro Novo.