Premio Esquío de Poesía 1996
En Permiso para o corso, nótase na edición da Col. Esquío de Poesía que Xosé Miranda volve ao soneto. Pensado como unha navegación vai aparecendo a historia dunha vida, da súa vida, da vida dunha xeración. Este libro autobiográfico comeza na infancia cando o grumete se fai ao mar nunha mañá luminosa, segue a ilusión, a utopía, o desamor, o desengano, o naufraxio, a recuperación e o regreso. “Quixo o autor relatar o devalo de toda unha xeneración. Mais non se trata de poesía narrativa. Estamos, pola contra, fronte a versos líricos, íntimos e, por veces, doridos”.