Obra colectiva promovida pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia para rescatar o coñecemento dunha parte da historia e propiciar a reparación que a sociedade lles debe aos homes e mulleres que padeceron, mesmo coa entrega da vida, a ditadura franquista. Non é tempo de rancor nin de vinganza. Pero, como sucede coas feridas máis fondas mesmo se son do espírito, é necesario sacarlles o pus e aventalas para que curen ben.