Este libro, que toma prestado o título da revista que Otero Espasandín dirixira en Madrid nos anos da República,inclúe ensaios e artigos sobre os escritores Rafael Dieste, Luís Pimentel, Rosalía Castro, Pío Baroja, Jospe Pla, Vicente Risco, Ánxel Fole, Álvaro Cunqueiro, Cuña Novás, Eugénio de Andrade, Miguel Torga e José Saramago. Tamén se estudan aspectos das obras de artistas como Castelao, Xoaquín Pintos, Arturo Souto, Urbano Lugrís, Luís Seoane, César Portele, Manuel Moldes, Fernando Babío, Fernando Vilanova e Carlos Crego.