Quérote canto

2020
Querote-canto.jpeg

Dende un mesmo espazo compartido -o silencio- abrollan os poemas que, seguindo camiños paralelos, acabarán por desembocar nun texto-libro onde a determinación da autoría se dilúe a prol da afluencia e a resonancia. Os autores deciden internarse uns días no mosteiro de Oseira, mais sen compartir durante a estadía o que pensan nin o que escriben. O resultado é a comprensión unha vez máis, de que a poesía é o verdadeiro territorio común, o lugar propicio da nosa soidade vinculada.

OBRA GAÑADORA DO PREMIO LOSADA DIÉGUEZ 2021 EN CREACIÓN LITERARIA

Autoría