Rafael Dieste

1995
rafael_dieste.jpg

Achegamento resumido á figura de Rafael Dieste e a unha traxectoria que non se limitou a vivir os seus días no Rianxo natal, senón que coñeceu de primeira man a experiencia da emigración e do exilio, tras comprometerse coa causa da República tamén nos tres anos de guerra contra os sublevados. Escritor en galego e castelán; narrador, dramaturgo e poeta; e mais pensador, sabio e científico, volver os ollos a el é tamén un xeito de chamar a atención sobre a ingratitude da indiferenza. Porque Dieste forma parte decisiva da nosa historia común e condensa a identidade colectiva de todo un pobo e a súa maneira de estar no mundo.

Autoría