Este libro conta a vida apaixonante dun home libre e o seu tempo, o dun país sometido ás pulsións máis extremas. Entre 1899 e 1981, a de Rafael Dieste foi unha existencia entre as palabras, o mellor espello da realidade. Como escritor total, e mentres as circunstancias o obrigaban a exercer de soldado, xornalista ou profesor, viviu a Galicia onde o galeguismo loitaba por erguer a bandeira da identidade e a España onde o entusiasmado intento dunha sociedade moderna tomou forma efémera de República. A Guerra Civil (que el fixo comprometido coa causa da legalidade) e o exilio posterior (que o levou a Bos Aires, Cambridge e Monterrey) dificultaron a súa traxectoria e frearon a súa proxección pública. Nun mundo en debate ideolóxico permanente, e moitas veces encarnizado, de Rafael Dieste quedou o exercicio irrenunciable do libre pensamento.