Obra gañadora do XV Premio de Poesía Avelina Valladares.
María Canosa: 'Ronca o mar' escribino case dunha sentada. Non lembro o lugar no que o fixen, pero si a época. Unha época de cambio, no que tiña un zunido constante dentro, buscando o seu lugar. Un murmurio incesante que me inquietaba. Era coma un mar interno, sempre en movemento, sen acougo… un cambio de etapa na vida.