Cristina é a máis pequena dos cinco fillos que ten a familia Moreira. É unha namorada dos animais, e anda empeñada en amestrar un rato da casa. O carácter inquieto da nena vai ser o fío condutor desta novela, na que se contan diversas aventuras da súa vida cotiá. O primeiro conflicto é na escola. Cristina pinta no encerado unha caricatura da mestra, para protestar polo seu mal carácter e polo exceso de deberes. O director resolve o conflicto. Máis tarde, invitan a Cristina a pasar a fin de semana na casa da súa amiga Silvia. Pero o pai desta sofre un accidente, polo que a nai ten que ausentarse e as dúas nenas quedan soas. Entón, deciden o dormitorio dos pais, deixando todo feito un desastre total. Logo, van ó circo cunha tía de Silvia. Alí, Cristina queda entusiasmada cos cans amestrados e decide visitalos, cousa que lle impide o domador. Pola noite, cando xa están durmindo, Cristina érguese para levarlles comida aos animais. Descobre que están en moi malas condicións e enfróntase co domador. Xunto coa amiga vai denunciar os feitos á policía, que resolve o conflicto. Os problemas acaban por amañarse, xa que as familias recoñecen que as nenas actuaran sempre movidas por boas intencións.A Cristina regálanlle un can, que fora sempre a súa grande ilusión.