Seraogna, libro publicado en maio de 1976 baixo o cuño de Rompente, non só deu a coñecer a Alfonso Pexegueiro (Ponteareas, 1948 senón que constitúe a primeira achega substancial e decidida no proceso de renovación dun sistema poético ancorado no dominio da estética socialrealista máis estereotipada.A través dun realismo visionario, a súa lírica imaxinativa e transformadora desenvolve unha liña radicalmente persoal e de vangarda, que revela a intrahistoria que padecen as clases sociais e nacións dependentes.