Premio da Crítica Galega de Creación Literaria, 2010
Este relato é unha investigación radical e íntima, unha historia de familia, un retrato particular e colectivo dos humildes onde se acrisolan os diferentes xéneros literarios para achegarnos a esencia da vida. O autor fainos pasar da reflexión ao sorriso, con bravura e con tenrura, atopando nas experiencias da pobreza e da vida máis humilde as referencias primeiras que fundan a cultura occidental.