Unha poesía de altura sobre ruínas ou fronte a elas. O regreso de Xesús Rábade á poesía. Un berro para espertar aos rendidos. Tamén un queixume contra a desolación. Álzase nestes versos a voz contra os malditos, os ruínes e os mercadores.
No poema titulado “Devastación”, escribe: “Quizais é que exhibimos en exceso / a infinita paciencia. / Que na mesma mirada delatamos, / como vos peixes e as vacas, / a tristeza xenética”.