Accésit Premio Esquío de Poesía 1995
Sobre Sonetosfera expón Lucía Novás que se analizamos a produción de Xosé Miranda de 1973 a 2002 “decatámonos da existencia de dúas etapas. Na primeira, que abrangue desde os inicios ata “Vésperas de min mesmo”, predomina o verso libre. A segunda, que comprende Sonetosfera, está pivotada arredor da composición clásica do soneto.
Sonetosfera enceta unha nova etapa que abrangue ata a actualidade, na que o poeta se decantará polo verso medido, co emprego adoito do soneto. O uso desta forma métrica dálle unidade á obra, como xa se reflicte no título.”
Na primeira edición, a da Col. Esquío de Poesía da Sociedade de Cultura Valle-Inclán, preséntasenos Sonetosfera como unha poemario que recolle sonetos escritos entre os anos 1979 e 1992, un total de 12 anos. “Neles abórdanse temáticas como a amorosa, o paso do tempo, as lembranzas da adolescencia, a calada resignación da derrota, a rebeldía contra a inxustiza e a afirmación da propia personalidade. Versos á vez escépticos e afervoados, iluminados e sentimentais, coincidentes no tempo con outros, que por non ter forma de soneto, figuran noutros poemarios.”