Tempo fósil

2018
1528913185033Tempo_fosil1.png

Pilar Pallarés comezou a escribir Tempo fósil a finais de 2011, cando a ampliación do aeroporto de Alvedro levou por diante a casa familiar, que o pai construíra coas súas propias mans. O libro medrou deste xeito arredor da destrución do lugar, da familia e da imposibilidade de deixar pegadas indelebles.

Por esta obra recebeu, en 2019,  o Premio Nacional de Poesía do Ministerio de Cultura.

 

FRAGMENTOS DA OBRA

DA RUÍNA da razón nace a palabra

DA RUÍNA da razón nace a palabra

que busca regresar, romper o cerco:

o pexegueiro, o dafne

o loureiro común, unha roseira brava,

o camelio, o romeu,

a pedra de alicerzar que foi asento,

os carreiros de xabre,

o incendio da memoria

mentres se parte o esternón da casa