Premio da Crítica, 1993 (narrativa) - Premio Arcebispo San Clemente, 1994
Tic-Tac é unha corrosiva obra moral que entre a dozura cómica e a acedume tráxica reclama o retorno á natureza, é o froito dunha conciencia descrida, unha conciencia moderna, que non pode aceptar os dogmas de fe e non busca presentarnos a “Realidade”, senón unha “realidade”: a de Nano, o peculiar personaxe principal e narrador da obra.