Alex e maila súa moza Aintzane, filla de emigrantes galegos en Euskadi, viven mergullados na situación da mocidade radical vasca. Sobre un fondo de rock duro e violencia comezan as complicacións para a xove parella: un despedimento, un atentado, o roubo dun coche, a fuxida. Primeiro a Galicia, á Mariña luguesa, onde se une á aventura Uxío; e logo, atropeladamente, desesperadamente, a fuxida continúa ata Lisboa.