Tránsito dos Gramáticos

1993
transito_dos_gramati.jpg

Fóra da rúa principal a Alxama era un fedorento dédalo de quellas envoltas na tebra, nas que cabía escoller entre vadear o rego de auga suxa que circulaba polo medio, ou esvarar nas tonas de froita e lixos acumulados nas beiras. Debido ao desafío que mantiñan coas autoridades, e para dificultar as detencións ou os desaloxos, os mourazos arrincaran, había moito tempo, as placas cos nomes das rúas (que no ano de fundación do campamento denominábanse Alecrín, Alelí, Alhucema, Azar e outros nomes de flores)...

Autoría