Umbral de vida

1996
umbral_de_vida.jpg

Premio Esquío de Poesía 1995.

Juan Antonio Martínez Casanueva  prologa a primeira edición na Col. Esquío de Poesía da Sociedade de Cultura Valle-Inclán de ‘Umbral de vida’. Indica Martínez Casanueva: “Desde o principio. Desde o propio título do seu último libro ‘Umbral de vida’, Xavier Seoane continúa insistindo nunha veta expresiva de afirmación vital, de recoñecemento de ser coma suxeito do mundo. Afirmación de vida celebrada por unha palabra que, con sacralidade primixenia, con dimensión creadora, se apropia da realidade das cousas e as criaturas, apelando aos sentidos, ensanchando a existencia enumerando os elementos do mundo e da natureza con fruición entusiasta.
O autor involucra ao lector nese acto recreador da realidade, inventándoa ao nomeala, nun ‘aquí e agora’ que outorga sentido ao creado, renovando o pacto do home coas orixes, através desa palabra concebida coma don, coma invención prodixiosa.
Con grande xogo visual e ton de celebración non exenta de algúns matices intimistas, reflexivos e elexíacos, trátase dun libro para tempos de crise, no que latexan o home e a vida como razóns últimas dunha poesía que quere certificar a plenitude do mundo e do cerne vivido”