Un amor antigo

2022
9788491519355.jpg

Un amor antigo é varias cousas ó mesmo tempo Pódese ler coma unha volta ás orixes onde a pegada do amor acode para rescatarnos, pero tamén pode ser o comezo dun vivir máis libre, sen noción ningunha do pasado. Estes versos recórdannos que amar implica esquecer, e vivir sempre comezar. Singular, coma toda a produción da súa autora, este novo libro asómase máis ca nunca á vertixe das emocións e as súas contradicións, deixándonos nese limbo de extrema quietude e vitalidade total que só a morte ou o amor concitan.

Autoría