Clara, unha nena de dez anos criada no amor e respecto á Natureza, quere ser exploradora e visitar a selva amazónica. Non terá que ir tan lonxe porque a aventura virá visitala a ela na persoa de Nimo, un estraño personaxe que chega á súa vida dun xeito misterioso. Despois de lle abrir a porta, xa nada seguirá igual: Clara ten unha misión que cumprir.
A nena abriu a porta e atopouno alí, cos pés xuntos, sobre o felpudo da entrada. Era un pequeno da súa idade, dez anos máis ou menos, que portaba unha maleta de coiro desgastada nas cantoneiras. Daquela foi cando se deu conta de que desobedecera, sen pensalo, a orde de súa nai: Clara, nunca abras a porta sen preguntar primeiro quen chama"
- Quen chama? d dixo, e rompeu a rir porque a pregunta xa non era necesaria ou tería que ser outra.
O neno sorriu e nada respondeu.