Delicioso libro de relatos no que a colectánea de quince contos de Corcón vai acompañada polas magníficas e suxestivas ilustracións da man do poeta e pintor Correa Corredoira. Como sinala o propio Corcón na contracapa do libros son historias "que falan das vidas de homes e mulleres que responden ás definicións do título, pero que realmente tratan de falar, e sacar á luz, a poesía que hai nas vidas deses homes e mulleres, como nas vidas de calquera de nós".