Accésit Premio Esquío de Poesía 1988
Expón Manuel Forcadela no prólogo da edición na Col. Esquío de Poesía da Sociedade de Cultura Valle-Inclán: “[...] Lendo estes versos quebradizos e perfeitos, sentimos que a paisaxe nos posui; que os signos que derraman sobre a terra as estacións, os ríos, as árvores e as fontes conservan estraños enigmas que ainda non nos foron desvelados, ignotas cifras que a palavra do poeta vai marcando como se quixese fazer-nos ver algo que el xa coñece e non lle é dado revelar. Como se o seu pacto coa paisaxe, unha vez descifrados os seus símbolos, non fose outro que o do segredo. [...]”