É un libro e CD que colle poemas de autoras tamiles (Andal, Kutti Revathi, Malathi Maithri, Salma e Sukirtharani) e galegas (Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño, Marta Dacosta, María do Carme Kruckenberg, Yolanda López, Chus Pato e María Reimóndez).
Para Implicadas no Desenvolvemento este libro resume en forma de poesía unha maneira de traballar para cambiar o mundo na que nos levamos esforzando xa durante máis de dez anos. En todo este tempo, son moitas as pontes e as vías de acción que levamos establecidas, pero se dúas cousas nos caracterizan ademais especialmente son o noso compromiso de xénero e o noso afán por implicar a cultura neste proceso como parte fundamental do cambio. As poetas tamiles que participan neste libro son tamén unha voz que racha cos estereotipos occidentais sobre “a muller india”. Son voces rotundas, libres e liberadoras que ao poñerse en harmonía coas nosas poetas galegas fan que o berro transcenda as fronteiras nun auténtico afán de sonoridade.