Accesit Premio Esquío de Poesía 1994.
Ana Vidal no prólogo para a edición Col. Esquío de Poesía da Sociedade de Cultura Valle-Inclán:
“ [...]O título da obra non descobre o que acocha, pero polo menos non despista, delata a variedade temática, a mestura de sensacións que imos atopar despois.
As fontes xeográficas vitais serán dunha banda Santiago (chuvia, pedra, aulas), por diante, coa compaña da Galicia do mar (Baroña, Fisterra...) e da do monte (o eido-nai de Vilarchán, calado por obvio); doutra banda atopamos Extremadura (chairas, rochedos, a distancia). O espazo físico no que se asentou a autora para escribir xa é máis reducido, Santiago e Cáceres, sempre envoltas pola noite e enlatadas entre o ano 93 e 94 . [...]”
Teresa Seara nunha aproximación á estética dos escritores e escritoras novas daquela altura, fará referencia á sinxeleza expresiva dos textos mínimos de Varias.