Novela gañadora do IV Premio Meiga Moira de literatura infantil e xuvenil (2010). As fermosas tamuras, capaces de provocar bágoas coa súa beleza, son unhas flores únicas que só medran no corazón volcánico da illa de Tamurana, a máis especial das que forman o Arquipélago Perdido. A pesar da vida harmoniosa que durante séculos levaron os habitantes do Arquipélago, unha maldición pesa sobre as súas vidas e tamén, sobre a das illas: a súa cor violeta.