A Agrupación Cultural Abrente naceu en Ribadavia no ano 1969. Un dos principais obxectivos foi a promoción do teatro galego como elemento normalizador da lingua galega, pero tamén a organización de toda clase de actividades culturais, sobre todo entre a xuventude, mediante a organización de conferencias, representacións teatrais, audicións musicais, proxeccións cinematográficas de cine- club, así como a práctica de deportes e en xeral a difusión da cultura na súas distintas manifestacións
Unha das actuacións máis importantes foi a creación das Mostras de Teatro Abrente que comezaron no ano 1973 e celebráronse de xeito continuado até 1980.