Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega

Mil novecentos cinco (1905) Asociación

A Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega foi a principal fornecedora das remesas precisas para acometer os gastos da fundación e sostemento da Real Academia Galega e tivo por obxecto, segundo o seu propio regulamento: "darlle unidade ao idioma galego mediante a publicación dunha gramática e un dicionario". A figura senlleira do litógrafo de orixe ferrolá, Xosé Fontenla Leal, apadriñado polo prestixio intelectual de Curros Enríquez, foi fundamental na organización e bo resultado deste proxecto.