Centro Galego de Artes e Imaxe (CGAI)

Mil novecentos oitenta e nove (1989) Institución

Creado por decreto 210/1989 do 5 de outubro da Xunta de Galicia, o CGAI inaugurouse o 15 de marzo do ano 1991, data desde a que vén desenvolvendo as súas actividades nos ámbitos do audiovisual e da fotografía de xeito regular.

As súas funcións no ámbito audiovisual, como institución responsable desde a administración autonómica, son:

    - A recuperación, catalogación, custodia e difusión das producións e obras do patrimonio audiovisual e fotográfico galego.
    - A programación de proxeccións, exposicións, conferencias, publicacións, etc. co fin de proporcionar un maior coñecemento das artes da imaxe.
    - A colaboración, cos obxectivos anteriores, en actuacións en Galicia e no exterior.
    - A participación na promoción da produción audiovisual galega en mercados, mostras e festivais.