Adiante

1953, Xornal, Buenos Aires

Adiante foi unha publicación de carácter político editada para informar sobre as actividades societarias (asembleas, edicións de libros, etc.) e da situación da colectividade en xeral. Realiza unha defensa de Galiza dende postulados nacionalistas e republicanos, criticando a súa situación política e económica en varias das súas seccións.

Participaron como colaboradores, entre outros, Neira Vilas, Suárez Picallo, Fernández del Riego ou Ramón de Valenzuela. Foi órgao das Mocedades Galeguistas (Filial de Irmandade Galega)