A revista Agália nace en 1985 como publicación da Associaçom Galega da Lingua para informar trimestralmente das actividades da AGAL e para intervir desde o reintegracionismo no campo académico galego, sustentando a súa proposta normativa, actualizada en 2010 conforme o acordo ortográfico de 1990
Mantendo estes obxectivos e a súa periodicidade trimestral, no número 69/70 (1º semestre de 2002) a Agália muda o seu subtítulo para Revista de Ciencias Sociais e Humanidades. O ano 2011, unha vez atinxido o seu número 100, a revista pasa a ser editada semestralmente e a se denominar Agália. Revista de Estudos na Cultura.
Tamén editou números monográficos