Alba é o título dunha revista poética, escrita en galego e castelán, editada na Coruña, primeiro, e máis tarde en Vigo, entre 1948 e 1956. Ao longo da publicación, a dirección de Ramón González-Alegre estivo compartida con Otto José Cameselle Barcia desde o cuarto número, e por un consello de dirección entre os números 10 e 13, para volver ser asumida en exclusiva Ramón González-Alegre a partir do número 14.
A revista creouse na Coruña, onde traballaban González Alegre e Alfonso Alcaraz, que inspiraron a edición de Alba, e pasou a editarse en Vigo a partir de 1949 porque González Alegre foi trasladado a esta cidade pola empresa navieira para a que traballaba, e alí coñeceu a Cameselle.
Alcanzou un total de 16 números. Foi reeditada como facsímile en 1995 polo Centro Ramón Piñeiro.