Aturuxo

1952, Revista, Ferrol

Aturuxo foi unha revista literaria, fundamentalmente poética -aínda que tamén deu cabida á crítica literaria-, que se publicou en Ferrol entre 1952 e 1960.

Foi dirixida por Miguel C. Vidal e Tomás Barros que, xunto a Mario Couceiro, conseguiron levar a cabo esta difícil empresa literaria nun Ferrol que daquela presentaba unha moi escasa actividade cultural.

No contexto das revistas poéticas publicadas na Galiza entre 1940 e 1960 ocupa un posto de relevo. Nas súas páxinas aparecen setenta e sete escritores. Os seus colaboradores galegos eran de grande relevancia.

Foi a primeira en dedicarlle un número monográfico de homenaxe a Luís Pimentel.