O Boletín Auriense constitúe unha iniciativa do propio Museo Arqueolóxico que, a través dunha orde ministerial publicada no B.O.E., con data de 7 de xaneiro de 1942, crea o Grupo Marcelo Macías, de colaboradores, co fin de dar a coñecer o Museo, así como para recoller os diversos estudos de investigación no campo histórico-arqueolóxico.
As publicacións inícianse no ano 1943.