Boletín Oficial da Irmandade Nazonalista Galega

1922, Revista, Ourense

Ademais de A Nosa Terra, existiron outros publicacións de carácter nacionalista dependentes das agrupacións locais: o Boletín da Irmandade da Fala do Ferrol (1921-22), o Boletín Oficial da Irmandade Nazonalista Galega (Ourense, 1922), Rexurdimento (Betanzos, 1922), Alborada (Pontevedra, 1922), no interior do país; na emigración americana aparecerán Nós (A Habana, 1921), Terra (Bos Aires, 1923), Céltiga (Bos Aires, 1924-32) ou A Fouce (1926, 1930-36). Todas estas revistas e boletíns tiñan, en maior ou menor medida, unhas características en común: tratábase de publicacións de poucas páxinas, de tiraxes moi limitadas, e dunha periodicidade moi espaciada e moi breve vida.