Cadernos Ramón Piñeiro

22/11/2003, Revista, Santiago de Compostela

Os Cadernos Ramón Piñeiro constitúen unha publicación de periodicidade variable editada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades como unha contribución ao estudi e á análise do pensamento do filósofo do que collen o nome. Están dirixidos por Luís Alonso Girgado e Ramón López Vázquez.

Co subtítulo de Cadernos galegos de pensamento e cultura, márcanse como obxectivo servir de canle de publicación de ensaios breves, investigacións e estudios encadrados dentro das Humanidades, con especial atención ao pensamento filosófico