Colección Benito Soto (*) Editorial

1948, Revista, Pontevedra

Proxecto editorial levado a cabo en Pontevedra entre 1948 e 1952 por Manuel Cuña Novás, Sabino Torres e Emilio Álvarez Negreira.

Álvarez Negreira foi designado director nun inicio. As obras imprimíanse en Gráficas Torres, a imprenta do pai de Sabino Torres, polo que foi nomeado editor. As dúas primeiras publicacións editáronse a comezos de 1949: Madrigal, do propio Álvarez Negreira, e Fabulario novo, de Cuña Novás. Entón pediron a colaboración de Celso Emilio Ferreiro, nese momento un poeta xa consagrado que participaba na vida intelectual pontevedresa. Trala súa chegada, Sabino Torres (en certa medida o mecenas do grupo), designouno director, pasando Álvarez Negreira á secretaría. Con todo, a efectos reais seguiu facendo as funcións de dirección, poñéndose en contacto cos autores e seleccionando os textos.