Correo de Galicia foi un periódico galego editado en Buenos Aires entre 1898 e 1965.
Tratábase dunha publicación de información xeral, bilingüe, con predominio do castelán, que recolleu as actividades das diferentes institucións de emigrantes e as novas acaecidas na colectividade galega no ámbito do Río da Prata.