Cuco-Rei foi unha revista dirixida por Luís Seoane en Buenos Aires. O seu único número saíu en setembro de 1970 e sería a súa última publicación do exilio.
A publicación, de só seis páxinas, contén: un editorial de Luís Seoane, un poema de Lorenzo Varela titulado "Cantiga nova que se chama cadea", un artigo de Isaac Díaz Pardo baixo o pseudónimo de Fernández Ollarmao, outras reseñas e un comentario sobre o ingreso de Rafael Dieste na Real Academia Galega.