Entre xuño e outubro de 1879, publicouse un Diario de Pontevedra, editado e dirixido por Claudio Cuveiro. Presentábase como "xornal de intereses xerais, noticias e anuncios". En 1881, sae outro Diario de Pontevedra, editado polo xornal El Anunciador, para eludir unha sanción gobernativa.
e o 1 de agosto de 1889 sae ás rúas un terceiro Diario de Pontevedra, propiedade de Andrés Landín. En 1922, os propietarios venden a cabeceira ao empresario Evaristo Paredes, quen tamén se ocupa da dirección. Era un xornal que inicialmente seguía a doutrina política de Montero Ríos, aínda que posteriormente derivou cara temas máis locais. Un coñecido xornalista, Alfredo Vicenti, asumiu a dirección no ano 1912. Pecha o 28 de febreiro de 1939, por orde do Ministerio de Interior do novo Goberno franquista.