Edicións Celta foi creada en Lugo inicialmente como imprenta en 1938 por Francisco Esteban, quen tamén tivo unha librería co mesmo nome. Esta empresa comezou a editar ao ano seguinte, 1939, o seu primeiro título El correo de los enamorados, de Adela Díaz González.
Edicións Celta mantivo un papel de referente pola difusión da cultura galega durante o Franquismo. A súa primeira publicación en galego foi Contos en cuarto crecente e outras prosas de Manuel María en 1952.
Aínda sen ter unha liña editorial claramente definida, tivo un meritorio labor na visualización dalgúns autores galegos, algúns deles (como o caso de Manuel María) sen posibilidade real de publicar noutras editoriais.