O Álbum de la Caridad é un volume publicado en 1862 no que se recollen, xunto con outros textos, as composicións poéticas presentadas nos Xogos Florais da Coruña do 1861. A escolma, con poemas en galego e castelán, realizouna o poeta Antonio María de la Iglesia e a edición custeouna José Pascual López Cortón.